11.9.14

SCBWI Critique Groups

Grupos de Crítica SCBWI

Hace ya unos meses mencioné que estaba participando y colaborando como socia voluntaria en la Society of Children´s Book Writers and Illustrators. Una experiencia que desde el minuto cero me ha dado grandes oportunidades y alegrías.

Una de las actividades en las que participo y coordino es la que llamamos Grupo de Crítica (traducido del inglés Critique Group) que nos está siendo de mucha utilidad a varios de los socios que estamos sumergidos en un proyecto personal ilustrado.

Se trata de reuniones que hacemos una vez al mes en las que debatimos y nos aconsejamos sobre los proyectos de cada uno de los participantes, intentando que todos nos vayamos de vuelta a casa con una crítica constructiva sobre nuestro trabajo y así poder trabajar en una determinada dirección con el apoyo de los compañeros.

Contamos con un rincón mágico, espacio inmejorable en mi opinión, en la Librería El Dragón Lector, donde su librera, Pilar Pérez nos ofrece su hospitalidad y se preocupa por nuestra comodidad. Unas galletas de chocolate nos esperan encima de la mesita. Intentamos no perdernos entre las novedades de las estanterías mientras esperamos a estar todos. Nos sentamos en círculo y quizás lo único que nos hace ser conscientes del paso del tiempo es el cantar del reloj de cuco. Una vez que nos hemos puesto todos al día siempre hay tiempo de tomarse algo antes de despedirnos hasta el mes siguiente (¡y a seguir dándole vueltas al proyecto!).

Ahora, después del comienzo del curso, es cuando nos hemos comprometido a cerrar los proyectos en una fecha y viene lo más complicado: cumplir con la meta del grupo, finalizar el proyecto lo mejor posible y presentarlo a editoriales o a concursos.

SCBWI_spain_Critique_group_Dragón_Lector_AleDiazBouza

Os iré contando más detalles sobre mi proyecto personal, mientras tanto por estos lares andaré.

---

Xa fai uns meses que dixen estar a participar e a colaborar como socia voluntaria na Society of Children´s Book Writers and Illustrators. Unha experiencia que desde o minuto cero deume grandes oportunidades e alegrías.

Unha das actividades nas que participo e coordino é a que chamamos Grupo de Crítica (traducido do inglés Critique Group) que nos está sendo de moita utilidade a varios dos socios que estamos mergullados nun proxecto persoal ilustrado.

Trátase de reunións que facemos unha vez ao mes nas que debatemos e aconsellámonos sobre os proxectos de cada un dos participantes, tentando que todos nos vaiamos de volta a casa cunha crítica construtiva sobre o noso traballo e así poder traballar nunha determinada dirección co apoio dos compañeiros.

Contamos cun recuncho máxico, espazo inmellorable na miña opinión, na libraría El Dragón Lector, onde a súa libreira, Pilar Pérez ofrécenos a súa hospitalidade e preocúpase pola nosa comodidade. Unhas galletas de chocolate espérannos derriba da mesiña. Tentamos non perdernos entre as novidades dos andeis mentres esperamos a estar todos. Sentámonos en círculo e quizais o único que nos fai ser conscientes do paso do tempo é o cantar do reloxo de cuco. Unha vez postos todos ao día sempre hai tempo de tomarse algo antes de despedirnos até o mes seguinte (e a seguir dándolle voltas ao proxecto!).

Agora, despois do comezo do curso, é cando nos comprometemos a pechar os proxectos nunha data e vén o máis complicado: cumprir coa meta do grupo, finalizar o proxecto o mellor posible e presentalo a editoriais ou a concursos.

Ireivos contando máis detalles sobre o meu proxecto persoal, mentres tanto por estes lares andarei.

---

As a SCBWI member volunteer I´ve been working on a Critique Group.

Every month we meet at the El Dragón Lector bookshop in Madrid, a very special and magical place. Pilar Pérez is our favourite bookseller.

Now we are preparing our illustration proyects to present them to publisher houses or competitions.

I will tell you more details soon.